Conxunto de normas existentes nunha organización que rexen a súa xestión interna e a súa relación con terceiras partes interesadas, procurando, en todo caso, a eficiencia na toma de decisións e na implantación destas, e na transparencia e na clareza tanto na xestión como na información.

Gobernación

Órganos
de goberno

Asemblea Xeral

Órgano supremo da asociación, que ten atribuída a facultade de aprobar as contas anuais e a actuación do Consello.

  • A Asemblea Xeral é o Òrgano supremo da AECC. Está constituída por todos os socios, representados a través das xuntas provinciais, que elixen democraticamente o presidente ou presidenta e o Consello Executivo.
  • A Asemblea Xeral reúnese dentro dos seis primeiros meses do exercicio para examinar e aprobar, se for caso diso, a xestión do Consello Executivo, as contas anuais e o orzamento do ano seguinte.
  • A Asemblea Xeral está composta polos seguintes membros:
    • Os membros do Consello Executivo da asociación.
    • Os socios de honra.
    • O presidente e outros dous membros do Consello Executivo Provincial de cada unha das xuntas provinciais.
    • Un número variable de representantes de cada xunta provincial, en función do número de socios con que conte cada unha delas.
    • A Asemblea Xeral da Asociación é a encargada de examinar e aprobar a xestión do Consello Executivo, as contas anuais e os orzamentos do exercicio seguinte.

Consello Nacional

Órgano de goberno, administración e representación da Asociación.

Comité Executivo Nacional

Órgano delegado do Consello Nacional con competencias de xestión e resolución dos asuntos que sexan propostos no curso ordinario e cotián da asociación.

Ao nivel provincial

A asociación articúlase a través de xuntas provinciais, en cada unha das cales necesariamente haberá polo menos un consello provincial e un comité executivo provincial.

Normas reguladoras

Estatutos

Norma máxima que rexe o funcionamento da organización, referendada pola Asemblea e formalmente publicada.

Código Ético

Norma interna que rexe os principios de boas prácticas na xestión establecidos na organización, con aplicación ao conxunto desta e  esixible a todos, e cada novo integrante da organización será informado.