Conxunto de normas existentes nunha organización que rexen a súa xestión interna e a súa relación con terceiras partes interesadas, procurando, en todo caso, a eficiencia na toma de decisións e na implantación destas, e na transparencia e na clareza tanto na xestión como na información.
Órganos
de goberno
Asemblea Xeral
Órgano supremo da asociación, que ten atribuída a facultade de aprobar as contas anuais e a actuación do Consello.
- A Asemblea Xeral é o Òrgano supremo da AECC. Está constituída por todos os socios, representados a través das xuntas provinciais, que elixen democraticamente o presidente ou presidenta e o Consello Executivo.
- A Asemblea Xeral reúnese dentro dos seis primeiros meses do exercicio para examinar e aprobar, se for caso diso, a xestión do Consello Executivo, as contas anuais e o orzamento do ano seguinte.
- A Asemblea Xeral está composta polos seguintes membros:
- Os membros do Consello Executivo da asociación.
- Os socios de honra.
- O presidente e outros dous membros do Consello Executivo Provincial de cada unha das xuntas provinciais.
- Un número variable de representantes de cada xunta provincial, en función do número de socios con que conte cada unha delas.
- A Asemblea Xeral da Asociación é a encargada de examinar e aprobar a xestión do Consello Executivo, as contas anuais e os orzamentos do exercicio seguinte.

Consello Nacional
Órgano de goberno, administración e representación da Asociación.
Comité Executivo Nacional
Órgano delegado do Consello Nacional con competencias de xestión e resolución dos asuntos que sexan propostos no curso ordinario e cotián da asociación.
Ao nivel provincial
A asociación articúlase a través de xuntas provinciais, en cada unha das cales necesariamente haberá polo menos un consello provincial e un comité executivo provincial.
Normas reguladoras
Estatutos
Norma máxima que rexe o funcionamento da organización, referendada pola Asemblea e formalmente publicada.
Código Ético
Norma interna que rexe os principios de boas prácticas na xestión establecidos na organización, con aplicación ao conxunto desta e esixible a todos, e cada novo integrante da organización será informado.